Un ano máis poñemos en marcha a organización da Xornada de Usuarios de R en Galicia, coa que chegamos á novena edición. Ao igual que en anos anteriores, contamos co apoio da Facultade de Matemáticas da USC e o patrocinio da Xunta de Galicia.

A IX Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar o día 20 de outubro de 2022 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Se estás a traballar en proxectos que empregan R, e queres presentar a túa experiencia na xornada, envía a túa proposta de relatorio antes do 25 de setembro de 2022 empregando os modelos dispoñibles no formulario que podes atopar na seguinte ligazón: enlace

Todos os relatorios seleccionados aparecerán no libro de actas da xornada.

A información sobre o programa vaise actualizar na web da xornada a medida que se vaian confirmando. Lembra que podes acceder ás presentacións e vídeos dos relatorios de anos anteriores dende o menú «Programa» e así facerte unha idea dos contidos amosados.


-- Descargar IX Xornada de Usuarios de R en Galicia como PDF --