14 de outubro de 2021 | Facultade de Matemáticas

Un ano máis poñemos en marcha a organización da Xornada de Usuarios de R en Galicia, coa que chegamos á oitava edición. O desexo do comité organizador é que a xornada poida retomar o seu formato presencial, e faremos todo o posible pola nosa parte para que así sexa. Contaremos co apoio da Facultade de Matemáticas da USC e do Consorcio CIXUG.

Se estás a traballar en proxectos que empregan R, e queres presentar a túa experiencia na xornada, envía a túa proposta de relatorio antes do 19 de setembro de 2021 empregando os modelos dispoñibles no formulario que podes atopar na seguinte ligazón:

Todos os relatorios seleccionados aparecerán no libro de actas da xornada.

A información sobre o programa vaise actualizar na web da xornada a medida que se vaian confirmando. Lembra que podes acceder ás presentacións e vídeos dos relatorios de anos anteriores dende o menú «Programa 2021» e así facerte unha idea dos contidos amosados.

ANÍMATE E PARTICIPA!

Un saúdo,

Comité Organizador da Xornada


-- Descargar VIII Xornada Usuarios de R en Galicia como PDF --